lunes, 9 de mayo de 2016

NON ME FALTA MOITO PARA REMATAR!


Teño xa lista a guía didáctica. Costoume un pouco traballo, e tiven que consultar varios exemplos, incluído o que nos amosou o mestre na clase interactiva da semana pasada.
Por outra banda dicir que tamén teño avanzada a actividade. Teño todo o material que vou amosar na presentación, e comecei a xa a engadilo á actividade final, onde só me quedan certos puntos concretos por tratar, dos cales algúns me están resultando tarefa complicada.
Quería poñer aquí unha mostra da miña diapositiva pero non son capaz.
Un saúdo!

viernes, 6 de mayo de 2016

FORMATO DA ACTIVIDADE


O final o tipo de actividade que vou a realizar vai ser unha emulación do famoso xogo de televisión "¿Quién quiere ser millonario?. Unha vez xuntado o material que vou a tratar pensei que esta era unha boa actividade para presentarlle os alumnos despois dun trimestre para que se gañasen un puntiño máis mentres compiten entre eles. 
Así é como vai ser o meu formato da actividade:

miércoles, 4 de mayo de 2016

CONTIDOS A TRATAR NA MIÑA ACTIVIDADE

Neste traballo vou abordar diferentes temáticas da materia de Lingua Galega, específicamente ás que están adicadas ó segundo ciclo de primaria, e en concreto ó 4º curso.
Algúns destes contidos son:
-Ortografía: Diptongos, hiatos, sílaba tónica, tipos de palabras según a súa sílaba tónica...
-Gramática: Suxeito e predicado, tipos de sustantivos, os adxetivos, artigos...
-Vocabulario: Sinonimia e antonimia, polisemia, homofonia, campo semántico...
Este tipo de contidos van a ser a basse da miña actividade

viernes, 29 de abril de 2016

COMEZO DA ACTIVIDADE

Bueno, hoxe aproveitando que non hai clase pola tarde comezei a desarrollar a actividade que vou a realizar para  o traballo de final de curso de TIC.
O programa co que vou a realizar a actividade vai ser o Power Point, xa que despois de darlle moitas voltas, e probar distintos programas como "Ardora" e "Lim", cheguei a conclusión de que me resultaría máis sinxelo con este primerio e conocido formato.
Un saúdo!